Noticias

Día Mundial da Terra 2012

O pasado 22 de abril celebrouse en todo o mundo o Día Mundial da Terra. Este evento tivo lugar por primeira vez en 1970 e 42 anos despois aínda segue celebrándose nun gran número de países.

A celebración deste día xurdiu para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

Dende a Fundación Sotavento Galicia invitamos a reflexionar sobre a repercusión das actividades humanas no medio e a levar a cabo accións individuais e colectivas encamiñadas a facer un uso máis racional dos recursos enerxéticos, posibilitando á vez un desenvolvemento sostible do noso Planeta.