Noticias

Acordo de colaboración entre o Proxecto EnerBioAlgae e Sotavento

O Proyecto EnerBioAlgae impulsado polo Instituto Enerxético de Galicia e a Universidade de Vigo vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Sotavento Galicia co fin de consolidar unha rede transnacional que facilite e promova o intercambio de información e boas prácticas entre institucións relacionadas coa innovación enerxética. Dentro deste entorno tamén se pretenden desenvolver actividades colaborativas que contribúan á mellora enerxética.

A Rede de cooperación nace a partir do consorcio dun conxunto de entidades preocupadas pola problemática ambiental e enerxética, onde cada un dos/as beneficiarios/as ofrece grande experiencia profesional na súa área específica de traballo. Entre as entidades que a conforman atópanse, ademais do Inega e a Universidade de Vigo, as Universidades de Almería, Aveiro en Portugal e Pau et Pays de I´Adour en Francia.

Tras a sinatura formal do acordo de cooperación, a Fundación Sotavento Galicia pasa a constituír, xunto a distintos centros tecnolóxicos estatais e autónomicos, parte activa deste consorcio.

Máis información: http://www.enerbioalgae.com