Noticias

Sotavento participa en Vilalba na I Xornada de achegamento ao Vehículo Eléctrico á que asistiron máis de 500 persoas

As distintas actividades foron organizadas polos institutos Basanta Silva e Lois Peña Novo. A Fundación Sotavento Galicia, colaborou cunha ponencia onde realizou un repaso histórico deste tipo de vehículos así como unha análise da proxección futura da mobilidade eléctrica.

A actividade espertou unha enorme expectación ao contar cunha mostra representativa dos principais vehículos eléctricos existentes no mercado. Deste xeito, puideron observarse importantes novidades no eido automobilístico como o Opel Ampera, primeiro híbrido de autonomía estendida; o Peugeot 508, primeiro Híbrido Diésel; o Nissan Leaf e Renault Twizy como eléctricos puros, acompañados por outros modelos máis consolidados no mercado como o Toyota Prius e o Toyota Auris híbrido.

Entorno ás 600 persoas participaron nalgunha das actividades previstas posiblemente pola presenza de tanta e tan variada tecnoloxía de vehículos eficientes. Isto foi posible grazas á colaboración da Fundación Sotavento Galicia e dos concesionarios Mercauto, Peugeot Valdesuso, Grupo Breogán, Ibericar Gestoso e Fergil Auto.

A xornada completouse con sesións técnicas explicativas, empregando motores eléctricos reais, impartidas polo equipo docente de automoción do IES Lois Peña Novo.