Temporal.
Dende o 22 de marzo ao 1 de setembro de 2013.
Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Introducir ao visitante no mundo da auga, dende as súas propiedades químicas ata o seu papel na historia e na civilización humana.
A exposición consta de 21 paneis divididos en dous bloques. O primeiro, “Auga e Natureza”, segue o curso do ciclo hidrolóxico e a súa relación co clima e cos ecosistemas. O segundo, “Auga e Sociedade”, intérnase na influencia do ser humano no ciclo natural da auga, a súa contaminación, solucións para o acceso á auga potable e a relación deste recurso coa historia, a saúde e a tecnoloxía.