Noticias

Sotavento celebrou con éxtito o Día Mundial da Terra 2013

Dende 1970, o día 22 de abril celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Terra. Este día instaurouse co principal obxectivo de lembrar os problemas que afectan a este planeta e promover accións que busquen un desenvolvemento sostible.

Sotavento centrou as actividades da semana do 22 ao 28 de abril en provocar reflexións nos seus visitantes sobre os principais problemas que afectan á Terra dende o punto de vista enerxético e as súas posibles solucións.