Noticias

ESTREAMOS PÁXINA WEB!!!

Sotavento estrea páxina web con novo deseño e novos contidos.

INTERACTIVIDADE
O novo website presenta importantes novidades e unha maior interactividade. Neste eido pode accederse a numerosos datos en tempo real e históricos das distintas instalacións renovables do Parque. Por exemplo podemos consultar datos reais, previstos e históricos sobre a velocidade, dirección, frecuencia e predominancia do vento; produción, eficiencia e CO2 evitado dos aeroxeradores, etc. Tamén contén comparativas entre previsións e datos en tempo real.
Ademais, unha completa zona interactiva permite calcular os nosos consumos ocultos e en espera, axudarnos a elixir o electrodoméstico e a iluminación máis eficiente para cada caso particular e mesmo comprobar sistemas de redución de consumo de auga.

MEMORIA DOS PROXECTOS DE I+D+i EXECUTADOS
O novo deseño permite navegar dunha maneira moi sinxela e intuitiva e coñecer polo miúdo os proxectos de investigación e divulgación que leva a cabo Sotavento.

WEBCAM E FOTOGRAFÍAS EN 360º
Dispoñemos dunha webcam situada a 20 metros de altura no fuste dun aeroxerador que permite a conexión coas instalacións do Parque en tempo real. Ademais pódense ver fotos en 360º moi espectaculares dende o alto dun aeroxerador, o edificio de control, a vivenda bioclimática demostrativa e distintas zonas exteriores.

XESTIÓN DE VISITAS AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL
A través desta nova versión web poden xestionar a visita os máis de 20.000 visitantes que veñen a este Parque Eólico Experimental, ao igual que os grupos que o desexen. Tamén haberá a posibilidade de descargar a fotografía da visita.

CARACTERISTICAS TÉCNICAS DA NOVA WEB
Tecnicamente a web, baseada en CMS (Sistema de Xestión de Contidos) estándar de código libre, conta con tecnoloxía Javascript e websockets co que pode accederse dende calquera dispositivo actual.