Noticias

Nova exposición en Sotavento

As instalacións de Sotavento acollen unha nova exposición titulada “Construción-Rehabilitación Sostible: Cara un cambio de modelo…”. A mostra, editada e producida polo CENEAM, consta de 11 paneis expositivos que desenvolven as bases do que pode ser un novo modelo construtivo.

Esta exposición sobre arquitectura e construción sostible trata múltiples aspectos sobre o ciclo de vida das edificacións, como o deseño bioclimático dos edificios, materiais e técnicas construtivas, uso de enerxías renovables nos fogares, aforro e eficiencia enerxética, rehabilitación sostible dos edificios, etc.

Para visitar esta exposición é imprescindible concertar previamente a visita ás nosas instalacións. A mostra tamén poderá complementarse coa visita á Vivenda Bioclimática, unha instalación real que combina unha construción sostible e medidas de aforro e eficiencia enerxética co uso de diferentes instalacións de enerxías renovables e as novas tecnoloxías de xestión integral dunha vivenda.