Noticias

Sotavento pechou o ano con máis de 18.000 visitantes

Superando as 1.500 persoas de media ao mes, continuamos a ser un referente no eido da divulgación das enerxías renovables e da eficiencia enerxética en España.

A metade dos colexios e institutos de Galicia visitaron en algunha ocasión as nosas instalacións e, en moitos deles, as actividades do Parque forman parte estable dos seus programas educativos.

O número de visitantes acumulados ascende aos 218.500 procedentes de diferentes puntos da xeografía galega, española e mesmo internacional.

O colectivo máis numeroso do ano 2013 foi o de estudantes universitarios e grupos técnicos. Escolares de educación primaria e secundaria, familias, turistas, asociacións de todo tipo e público en xeral, completaron o total.