Noticias

Sotavento colabora cun programa de formación posto en marcha pola Fundación Endesa e Cáritas

Esta mañá, catorce rapaces que participan no curso de electricista organizado pola Fundación Endesa e Cáritas, visitaron Sotavento. A actividade forma parte do programa educativo que os alumnos comezaron en maio e que rematará a finais de outubro.

Nesta visita coñeceron a estrutura e disposición dos muíños de vento, así como os elementos eléctricos indispensables para o seu funcionamento. Tamén visitaron a Vivenda Bioclimática Demostrativa e puideron comprobar as vantaxes da utilización de vehículos eléctricos. No percorrido estiveron acompañados por educadores de Sotavento, que responderon ás súas dúbidas. A actividade é complementaria do percorrido que os alumnos realizaron en xuño á central térmica de As Pontes, onde coñeceron os elementos indispensables para a xeración de electricidade convencional.