Esta primeira xornada técnica sobre o vehículo eléctrico analiza en Santiago de Compostela o futuro da mobilidade sostible en Galicia, da man de Iberdrola, BMW, PSA Peugeot Citroën e Little.
Baixo o título ‘A mobilidade sostible chega a Galicia: o vehículo eléctrico está aquí’, a xornada foi inaugurada polo director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces, quen deu paso ás diferentes intervencións da sesión. Durante a cal, os diferentes relatores trataron desde distintos puntos de vista –fabricante, compañía eléctrica e administración pública- cal é o futuro deste tipo de mobilidade e a súa implantación en Galicia.
Intervencións entre as que podemos destacar, a do director de Comunicación e Formación de Sotavento, Manuel Díaz, quen, baixo o título ‘Pasado e presente do vehículo eléctrico’, analizou a evolución da mobilidade eléctrica nos últimos anos, así como as súas características e aplicacións de futuro. Ademais,durante 5 días de exposición, os visitantes puideron probar diferentes modelos de vehículos eléctricos así como visitar os diferentes stand que as compañías e institucións presentes na xornada habilitaron.
Concretamente Inega e Sotavento mostraron dous C-Zero, cos que se realizaron probas de condución e estudáronse os resultados nunha aplicación informática deseñada especificamente para coñecer o consumo, emisións e datos comparativos do vehículo eléctrico cun vehículo convencional.