Noticias

Sotavento premiado polo Ilustre Colexio de Enxeñeiros de Galicia

O Ilustre Colexio de Enxeñeiros de Galicia vén de conceder a Sotavento o Premio de Galicia de Enerxía 2014 na categoría de mellor actuación de sensibilización e difusión en materia enerxética.
Trátase do primeiro recoñecemento galego que consegue Sotavento, unha institución que dende o ano 2002 leva realizando labores de sensibilización, formación e investigación no eido das enerxías renovables e o aforro e a eficiencia.
Con anterioridade, Sotavento foi premiado por distintos organismos nacionais e internacionais destacando á UNESCO que o considerou recentemente como un dos 32 casos de éxito e boas prácticas a nivel mundial.
Ademais de Sotavento foron premiados noutras categorías a empresa CO2 Smart Tech, Fátima Fernández Piñeiro, Gas Natural, Ancín Clima e o Consorcio Zona Franca de Vigo.
A entrega dos premios realizarase na Gala denominada A Noite da Enerxía, que se celebrará o próximo día 24 de abril no Auditorio de Afundación en A Coruña.