O pasado venres 24 de abril celebrouse no auditorio de AFundaciónda Coruña unha nova edición de “A Noite dá Enerxía”, a cerimonia de entrega dos Premios Galicia de Enerxía 2014.
O acto estivo organizado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia coa colaboración do Colexio de Enxeñeiros Industriais e contou coa asistencia de máis de 250 profesionais do sector enerxético.
Nesta edición, a Fundación Sotavento Galicia resulto premiada na categoría de mellor actuación de sensibilización en materia enerxética, converténdose no primeiro recoñecemento a nivel galego que recibe Sotavento. O resto dos premios recibidos ata o momento proveñen de distintos organismos nacionais e internacionais, destacando a UNESCO que o considerou recentemente como un dos 32 casos de éxito e boas prácticas a nivel mundial.
Ademais de Sotavento foron premiados noutras categorías a empresa CO2 Smart Tech, Fátima Fernández Piñeiro, Gas Natural,Ancín Clima e o Consorcio Zona Franca de Vigo.