O 2 de xuño celebrouse en Madrid a cerimonia de entrega da primeira edición dos Premios Think Blue organizados por Volkswagen.
Os premios, aos que concorreron 72 candidatos, contaban con tres candidaturas diferenciadas e unha dotación económica de ata 5.000 euros para recoñecer as mellores iniciativas en materia de investigación, innovación e traxectoria.
Os irmáns Massaguer recibiron o Premio á Investigación por desenvolver “un xerador termoeléctrico modular de enerxía eléctrica para aplicacións de recuperación de calor residual en automoción”.
AEInnova, do Departamento de microeléctrica da Universidade Autónoma de Barcelona, resultou galardoado no Premio á Innovación polo proxecto “Waste Heat Recovery Unit”, un sistema capaz de converter a calor residual de superficies quentes en electricidade.
A Fundación Sotavento Galicia, foi galardoada na categoría de mellor traxectoria, en recoñecemento a un camiño dedicado á promoción das enerxías renovables, da eficiencia enerxética e da mobilidade sostible.
O acto foi presentado pola xornalista Mónica Carrillo e participaron autoridades como o viceconselleiro de Medio e Ordenación de Territorio, Enrique Ruiz Escudero, a Directora de Volkswagen España, Laura Ros, e o Presidente de Volkswagen-Audi España, Francisco Pérez Botello.
Por parte de Sotavento recolleu o premio Ángel Bernardo Tahoces, Presidente da entidade e Director Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia que estivo acompañado do xerente José Núñez Baña e o responsable de comunicación e formación Manuel Díaz.