Eventos

Sotavento recibe unha “mención de honra” na 9ª edición dos Premios de Enerxía de EnerAgen 2017

O pasado 30 de marzo a Axencia Provincial da Enerxía de Cádiz (APEC) acolleu a entrega da 9ª edición dos Premios Nacionais de Enerxía EnerAgen 2017.

Avalados polas axencias españolas de xestión da enerxía asociadas a EnerAgen, estes premios buscan o recoñecemento das mellores actuacións de fomento e utilización das Enerxías Renovables e Uso Racional da Enerxía e Eficiencia Enerxética en todo o territorio nacional.

Nesta 9º edición dos premios, o ” Plan Educativo Divulgativo de Sotavento” foi recoñecido cunha mención de honra na categoría de sensibilización e difusión das Enerxías Renovables e a Eficiencia Enerxética.

Ademais de Sotavento, resultaron premiados nas distintas categorías, Concellos situados en Xirona e Castelló así como a Deputación de Granada entre outros.