Noticias

O programa ERASMUS + participa nas actividades divulgativas de Sotavento

O pasado 18 de maio, máis de medio centenar de participantes no programa de ERASMUS + promovido pola Xunta de Galicia percorreron as instalacións do Parque Eólico Experimental de Sotavento.

O programa pretende apoiar as políticas europeas e nacionais en todos os ámbitos da educación formal a través do valor engadido que supón a internacionalización e ofrecer maiores posibilidades de mobilidade e cooperación, tanto a docentes como a alumnos do noso país.

Baixo o lema , A CALL FROM SCHOOLS “FOR THE LESS DESTRUCTION LET´S REDUCE THE CONSUMPTION” , docentes e alumnos de 6 países europeos (Italia, Lituania, Turquía, Rumania, Grecia e España) realizan intercambios para fomentar o aforro e a eficiencia nos centros educativos.

Na súa visita a España, máis de medio centenar de participantes no programa dirixidos polo equipo de Erasmus + do IES da Pobra do Caramiñal, centro inmerso no proxecto, participaron nas actividades divulgativas de Sotavento, coñecendo de primeira man as medidas de eficiencia e/ou aforro aplicadas e promovidas na loita pola reflexión dun uso responsable dos recursos enerxéticos en particular e dos problemas ambientais en xeral.