Noticias

Inauguración da Exposición “MARE PLÁSTICUM”

Inaugúrase en Sotavento a exposición “MARE PLÁSTICUM” de Margarita Cimadevila e Wolfgang Trettnak, que estará presente nas nosas instalacións ata xaneiro de 2020. Dita exposición combina arte e ciencia e realiza unha reflexión crítica sobre a contaminación do mar por materias plásticos, ademais de abordar outras cuestións relacionadas cos nosos mares e costas, como a sobrepesca. A mostra é un bo exemplo da transversalidade dos contidos do Parque, sempre relacionados ca enerxía e o medio ambiente.

A mostra visitou previamente importantes museos entre os que destacan o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Museo Oceanográfico de Mónaco ou o Museo Nacional de China entre outros.

Ademais de diferentes personalidades, o acto contou coa asistencia dun grupo de alumnos e alumnas do Máster de Dirección de Actividades da Natureza da Facultade de Ciencias da Educación de Lugo.