Temporal.
Ano 2006.
Juan Parga.
Coñecer os usos tradicionais das fontes naturais para a realización de actividades musicais e lúdicas.
A exposición mostra distintas formas de aproveitamento de recursos naturais e materiais de reciclaxe para a creación de sons mediante o vento: turutas, zoadeiras, chifres e asubíos son algúns deles. A mostra conta con reprodutores de cd’s onde o visitante ten a opción de reproducir sons reais dalgúns dos curiosos instrumentos. Ademais, un conxunto de paneis fotográficos recollen todo tipo de instrumentos tradicionais do mundo, pertencentes á colección persoal de Juan Parga. Unha proposta de actividades e xogos facilitan o traballo didáctico desta exposición composta por máis de 25 instrumentos.