Carácter:
Temporal
Período de Exposición:
Outubro 2021
Autor/a:
CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
Obxectivo:
Achegar ao público os aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global, para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación. A emerxencia climática interpélanos a todos e todas e hai razóns para a esperanza.
Breve Descrición:
‘Emerxencia climática: feitos e datos’, enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados:
- Bases de Coñecemento climático,
- Dende o Global ata pisar o noso territorio,
- Motivos para a esperanza proposta de acción e
- Estratexias, alianzas e actores para a Emerxencia Climática.