Noticias

IV Proba da Liga Galega de Orientación a pé

O pasado sábado 26 de febreiro de 2022 tivo lugar unha nova proba de orientación coa participación de máis de 300 persoas de todas as categorías, tanto femininas como masculinas. Ademáis da proba federada, os asistentes menos profesionais puideron entrar en contacto con este deporte a través do circuito permanente de orientación promovido por Sotavento e o Concello de Xermade.

O circuíto de orientación permanente Serrón do Lobo ten como obxectivo fomentar as actividades en contacto coa natureza e o deporte ó aire libre, ao tempo que ofrece unha alternativa de ocio gratuíta, apta para tódolos públicos.

Para realizar a actividade só tes que acudir ás nosas instalacións e descargar as diferentes rutas a escoller mediante un código QR situado nun panel exterior do edificio. Para completar o circuíto seleccionado, os participantes deberán buscar as balizas sinaladas no mapa na orde indicada e anotar o número de control que atoparán en cada unha delas.