Noticias

Preto de 3.000 persoas participaron nas nosas actividades en Enerxétika 2022

Este ano participamos nunha nova edición da Feira da Enerxía de Galicia, Enerxétika 2022, celebrada do 3 ao 5 de febreiro en Silleda.

Durante estas tres xornadas preto de 3.000 peroas participaron no noso proxecto educativo, enfocado á difusión e sensibilización en materia de enerxías renovables e eficiencia enerxética. Os visitantes puideron coñecer de primeira man as fontes de enerxía renovables, datos sobre o consumo eléctrico, consellos relacionados coa eficiencia enerxética e información sobre a factura da luz. Ademáis, os máis pequenos puideron realizar diferentes obradoiros relacionados co vento.