Noticias

Rematamos o curso 201-2022 cun récord de visitantes

Coincidindo co 21 aniversario, pechamos o curso con máis de 11.000 visitantes. Despois dun inicio de curso marcado de novo pola pandemia, dende o primeiro trimestre de curso alcanzamos un récord de actividades. Deste xeito, durante o curso lectivo realizáronse 181 visitas, cun total de visitantes de 11.086, dos que 419 foron profesores e 10.667 alumnos.

Esta cifra é a máis alta rexistrada desde 2013, confirmando así o retorno á normalidade tras os efectos negativos da pandemia nos últimos dous anos.

Neste curso, debido á situación de incerteza enerxética tan importante na que nos atopamos, fíxose especial atención ao aforro enerxético e á interpretación da factura eléctrica e do prezo da luz.