Noticias

Acabamos o ano cun total de 8.643 visitantes, un 40% máis que o ano 2021

Acabamos o ano cun total de 8.643 visitantes, un 40% máis que o ano 2021.

Durante o ano 2022, participaron nas nosas actividades un total de 8.643 persoas, en 227 visitas, o que fai unha media de 38 participantes por grupo. Este número de visitantes supón un incremento do 40% en comparación ao ano anterior, obtendo uns datos similares a anos prepandémicos.

A actualidade durante este ano estivo marcada polo elevado prezo da electricidade e pola incerteza global no que a enerxía se refire. Por esta razón, as actividades de educación enerxética que de xeito xeral se desenvolven nas nosas instalacións, reforzáronse no referente á procedencia das fontes de enerxía, o establecemento do prezo da electricidade e o autoconsumo.

Grupos técnicos, seguidos de centros de secundaria e centros de primaria, son por esta orde, os colectivos máis significativos, cunha duración media por actividade entre 3 e 4 horas.