O martes 18 de xullo, entregamos o premio dotado de 400€ do XI Certame Renovable á súa gañadora, Daniela Calvo García, de As Pontes, coa súa fotografía “Diente de león”.
Ademais, a gañadora, xunto con outros participantes, puideron desfrutar dunha xornada dedicada ao Sol na que comprobaron as capacidades desta fonte de enerxía a través de exemplo, instalacións reais e demostracións prácticas. Os máis pequenos participaron en varios obradorios como a realización dun reloxo solar ou a montaxe de pequenos paneis fotovoltaicos para a iluminación dunha lámpada.