O luns 23 de setembro ábrese o prazo para a xestión de visitas escolares para este curso académico. Debido a grande demanda dende a comunidade educativa e o público en xeral, Sotavento non pode garantir datas para realizar a actividade durante o curso en vigor para todas as solicitudes.
Sotavento conta cun programa de actividades de educación enerxética que se leva a cabo nunhas instalacións de máis de 1000 m2, entre as que destaca unha vivenda bioclimática real. A eficiencia enerxética e as súas repercusións ambientais e económicas no uso de diferentes fontes de enerxía, son aspectos fundamentais sobre os que xira o plan educativo.
Así mesmo, tamén se desenvolven actividades nos propios centros educativos que o soliciten: unha modalidade na que educadores/as e materiais desprázanse ata os propios centros de ensinanza.
Para xestionar unha visita pódese contactar a través do teléfono 981 563 777 en horario de 9:00 a 11:00 h e de 12:00 a 14:00 h