O 7 de setembro ábrese o prazo para xestionar as visitas escolares a Sotavento para o curso 2026-2027. Ante a elevada demanda recibida cada curso por parte da comunidade educativa e do público xeral, a dispoñibilidade de datas é limitada e non se pode garantir que todas as solicitudes poidan ser atendidas ao longo do curso.
Sotavento desenvolve un programa de educación enerxética dirixido ao alumnado, con actividades que se levan a cabo nunhas instalacións de máis de 1.000 m², entre as que destaca unha vivenda bioclimática real.
A eficiencia enerxética, así como as repercusións ambientais e económicas asociadas ao uso das diferentes fontes de enerxía, son algúns dos principais eixes sobre os que se articula este programa educativo.
Así mesmo, tamén se desenvolven actividades nos propios centros educativos que o soliciten, unha modalidade na que educadores/as e materiais se desprazan ata os propios centros de ensino.
Para xestionar unha visita pódese contactar a través do teléfono 981 563 777, en horario de 9:00 a 11:00 h e de 12:00 a 14:00 h.


