A Fundación Sotavento Galicia dispón dun contexto único para levar a cabo accións educativas coherentes e contextualizadas no campo da enerxía, dado que dispón de multitude de instalacións reais de transformación enerxética. Ademais, un experimentado equipo multidisciplinar de educadores completan o equipamento do centro.

Instalacións interiores

Aula divulgativa

Aula divulgativa

Espazo central do edificio, pensado para divulgar as enerxías renovables entre todos os segmentos da poboación. É un espazo no que se accede a gran cantidade de información sobre as fontes de enerxía renovables dende diferentes ópticas de aproximación. Distintas maquetas, paneis e aplicacións informáticas interactivas, ilustran o funcionamento destas enerxías podendo, ademais, ser comparadas coas enerxías convencionais.

No miradoiro, segunda planta da aula, albérganse habitualmente exposicións que apoian os distintos contidos que se tratan en Sotavento.

imaxe_015

Sala de Eficiencia Enerxética

A sala conta con aplicacións informáticas exclusivas, onde o visitante pode comprobar de xeito práctico e interactivo distintas medidas de aforro e eficiencia enerxética relacionadas coa iluminación, co uso dos electrodomésticos, o transporte, etc.
imaxe_016

Sala Multifunción / Auditorio

Trátase dunha área duns 100 m2 empregada para todo tipo de actividades, dende actos, relatorios, seminarios, ata zona de realización de talleres e experiencias.
imaxe_017

Sala de Control

É o lugar onde se supervisa a produción e o comportamento das distintas tecnoloxías de aeroxeradores presentes en Sotavento. Tamén se centraliza a información dos proxectos que se levan a cabo na instalación.
imaxe_018

Obradoiro de Enerxía

Pensado para que os visitantes puidesen observar de forma máis directa o funcionamento das máquinas.
Para iso conta con aeroxeradores reais cos seus distintos compoñentes. A zona complétase con instalacións térmicas e paneis informativos.