Repotenciación
O Parque Eólico de Sotavento atópase situado nos contrafortes setentrionais da Serra da Loba, no límite dos termos municipais de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo).
A modificación do Parque Eólico Sotavento (repotenciación parcial) está incluída na Área de Desenvolvemento Eólico (ADE) denominada Sotavento, delimitada no Plan Sectorial Eólico, considerando a franxa paralela a esta.
A poligonal do parque eólico, considerando a repotenciación proposta, atópase definida polas seguintes coordenadas UTM:
|
COORDENADAS |
X |
Y |
| 1 | 589.875 | 4.802.786 |
| 2 | 591.375 | 4.802.786 |
| 3 | 591.375 | 4.798.786 |
| 4 | 589.875 | 4.798.786 |
Os aeroxeradores obxecto de nova construción sitúanse no sector norte da poligonal, emprazados sobre unha dorsal suave e estreita que descende cara ao nordés desde o Serrón do Lobo (700 m) cara ao Penedo das Abelleiras (677 m) e o Monte dos Quince (665 m). Os aeroxeradores que serán desmantelados sitúanse no centro-norte da poligonal.
Plano ou ortofoto que amosa a instalación eólica proxectada.
A continuación, adxúntase o plano de situación do parque eólico, amosando a localización dos novos aeroxeradores proxectados, dos existentes e dos que serán eliminados na actuación proxectada.

A continuación, adxúntanse as coordenadas nas cales se sitúan os aeroxeradores que serán desmantelados, así como tamén a súa numeración dentro da instalación para que poidan ser identificados:
|
CÓDIGO PARQUE |
COORDENADA X-UTM ETR89 |
COORDENADA Y-UTM ETR89 |
| 15 | 590.476 | 4.801.126 |
| 16 | 590.453 | 4.801.257 |
| 19 | 590.394 | 4.801.662 |
| 21 | 590.444 | 4.801.923 |
| 22 | 590.497 | 4.802.047 |
| AG25 | 590.720 | 4.800.437 |
Estas seis posicións, tres delas emprazadas en terreos incluídos no Parque Natural das Fragas do Eume e na Rede Natura, serán substituídas por dúas novas posicións emprazadas fóra de espazos protexidos da Rede Galega, coas seguintes coordenadas:
|
NÚMERO |
COORDENADA X-UTM ETR89 |
COORDENADA Y-UTM ETR89 |
| AE01 | 591.174 | 4.802.017 |
| AE04 | 590.652 | 4.801.767 |
Potencia total da instalación eólica proxectada en unidades de MW, con indicación de tres (3) decimais.
A repotenciación proxectada consta da eliminación de seis aeroxeradores, con potencias unitarias variables, representando en conxunto unha potencia total de 3,440 MW, e a instalación de dous aeroxeradores novos, cunha potencia unitaria de 4,200 MW, polo que a potencia total da instalación eólica proxectada é de 8,400 MW.
Número e características xerais identificativas dos aeroxeradores que compoñen a instalación eólica proxectada: Potencia unitaria, tecnoloxía, modelo, altura de torre, diámetro do rotor.
A repotenciación proxectada consta da eliminación de seis aeroxeradores e a instalación de dous aeroxeradores novos coas seguintes características:
- Potencia aeroxerador: 4,200 MW
- Tecnoloxía: eixe horizontal e paso variable
- Altura de cubo: 131,4 m.
- Diámetro de rotor: 137 m.
- Punta de pá: ata 199,9 m.
Dada a volatilidade de prezos e a baixa dispoñibilidade de tecnoloxía, con longos períodos de entrega, o modelo concreto da máquina a instalar podería variar de cara a poder cumprir a planificación definida e realizar a actuación en prazo coa opción que ofreza uns prezos e tempos de entrega máis axeitados.
O punto fronteira para a evacuación da produción eléctrica da instalación eólica proxectada é a subestación Mourela de Unión Fenosa Distribución, que está situada nas coordenadas topográficas 43.433929 N, 7.854247 W, sendo a tensión de rede da liña de alta tensión ata o citado punto de 132 KV.
Produción eléctrica anual estimada, total (MWh) e por unidade de potencia (MWh/MW), para a instalación eólica proxectada no punto fronteira coa rede pública de distribución ou transporte ou coa rede privada interior. Igualmente, indicarase a produción eléctrica anual real do último exercicio completo, total (MWh) e por unidade de potencia (MWh/MW), da instalación eólica existente a desmantelar total ou parcialmente.
