Equipos para calefacción e ACS
A caldeira de biomasa está situada na sala de instalacións térmicas da vivenda bioclimática demostrativa, localizada no Parque Eólico Experimental Sotavento. O equipo utiliza pellets como biocombustible, que se cargan mediante transporte pneumático desde un silo con capacidade para 2.500 kg, situado no almacén da vivenda. A potencia térmica nominal do equipo é de 20 kW.

A achega de enerxía da caldeira ao sistema de calefacción e ACS realízase a través dun depósito de inercia estratificado de 800 litros. A este depósito, ademais da caldeira de biomasa, conéctase unha bomba de calor xeotérmica capaz de achegar enerxía en paralelo, actuando sobre a parte superior e inferior do acumulador, respectivamente. Desde este depósito impúlsase e retorna a auga quente destinada á calefacción por chan radiante. Ademais, incorpora un intercambiador interno tipo serpentín destinado á produción de ACS.
Parámetros monitorizados
Os parámetros almacenados e monitorizados para este equipo son:
- Temperatura do fluído na entrada e saída da caldeira
- Temperaturas do depósito de inercia en cinco niveis
- Caudal circulante
- Potencia instantánea transmitida
- Enerxía térmica transmitida
Características técnicas
| Marca e modelo | OKPFEN PELLEMATIC PE20 |
|---|---|
| Potencia calorífica nominal | 20 kW |
| Largura total | 1.130 mm |
| Largura da caldeira | 700 mm |
| Altura da caldeira | 1.090 mm |
| Fondo da caldeira | 814 mm |
| Diámetro das conexións ida/retorno | 1″ |
| Diámetro da cheminea de fume | 150 mm |
| Peso | 250 kg |
| Conexión eléctrica | 230 V 50 Hz |
| Rendemento | 92,6% |
| Rendemento con carga parcial | 91,1% |
| Contido en auga | 66 L |
| Temperaturas dos gases de combustión | 160 ºC |
Aplicación demostrativa
Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

A bomba de calor xeotérmica, do mesmo xeito que a caldeira de biomasa, está situada na sala de instalacións térmicas da vivenda bioclimática localizada no Parque Eólico Experimental Sotavento. O equipo dispón do seu circuíto frigorífico, no lado do evaporador, conectado a un intercambiador xeotérmico horizontal. Basicamente, este intercambiador consiste en 500 m de tubaxe de polietileno de DN 32 mm, situada baixo material de recheo procedente da escavación da propia vivenda, a unha profundidade media de 2 m, e que permite a extracción de enerxía térmica do terreo para empregala en cubrir as demandas da vivenda. A bomba de calor dispón dunha potencia calorífica nominal de 8,2 kW e un COP de 4,7 (COP para unha temperatura media no evaporador de 0ºC e de 35ºC no condensador, excluíndo o consumo eléctrico das bombas circuladoras). A bomba de calor traballa baixo demanda sobre a parte inferior dun depósito de inercia estratificado de 800 litros.

Parámetros monitorizados
Os parámetros almacenados e monitorizados para este equipo son:
- Temperatura do fluído á entrada e saída da bomba de calor, circuíto xeotérmico
- Temperatura do fluído á entrada e saída da bomba de calor, circuíto secundario
- Temperaturas do depósito de inercia en cinco niveis
- Caudal circulante no circuíto secundario
- Potencia instantánea transmitida
- Enerxía térmica transmitida
- Temperatura do terreo no intercambiador xeotérmico en 32 puntos
- Temperatura de referencia do terreo non perturbado
Características técnicas
| Marca e modelo | OPTIHEAT 8es |
|---|---|
| Potencia calorífica nominal1 | 8,2 kW |
| COP1 | 4,7 |
| Potencia eléctrica nominal absorbida | 1,7 kW |
| Caudal de auga no evaporador (ΔT=3ºC) | 2,00 m3/h |
| Caudal de auga no condensador (ΔT=10ºC) | 0,71 m3/h |
| Largura da bomba | 1.260 mm |
| Altura da bomba | 700 mm |
| Fondo da bomba | 530 mm |
| Tipo de refrixerante/carga | 410A/2,1 kg |
| Potencia eléctrica máx. absorbida | 5,4 kW |
| Potencia eléctrica máx. absorbida incluíndo bombas | 5,9 kW |
| Conexión eléctrica | 400-3 V 50 Hz |
1 Sen incluír o consumo eléctrico das bombas circuladoras, e para unha temperatura media do evaporador de 0ºC e de 35ºC no condensador.
Aplicación demostrativa
Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

Os datos destes circuítos monitorízanse de xeito independente coa finalidade de poder efectuar análises comparativas. A instalación está composta por un total de 22 módulos fotovoltaicos de silicio policristalino cunha potencia individual de 123 Wp (vatios pico), o que supón unha potencia total instalada de 2.706 Wp.
Os equipos distribúense do seguinte xeito segundo a orientación:
| Instalación | Orientación | Nº paneis | Wp | Inversor |
|---|---|---|---|---|
| Leste | 90º | 6 | 738 | Mastervolt Soladin 600 |
| Sur | 180º | 10 | 1.230 | Sunnyboy 1100 |
| Oeste | 270º | 6 | 738 | Mastervolt Soladin 600 |
Parámetros monitorizados
- Potencia instantánea de cada subsistema fotovoltaico (Leste, Sur e Oeste)
- Enerxía xerada acumulada por cada subsistema fotovoltaico (Leste, Sur e Oeste)
- Tensión, intensidade e potencia no lado de continua de cada subsistema
- Tensión, intensidade, potencia activa e reactiva no lado de alterna de cada subsistema
- Radiación e temperatura de cada subsistema
- Humidade e velocidade do vento
Características dos módulos
| Marca e modelo | Photowatt PW6-123 |
|---|---|
| Potencia nominal | 123 W |
| Tensión en circuíto aberto | 21,9 V |
| Tensión Mpp | 17,6 V |
| Intensidade en curtocircuíto | 7 A |
| Intensidade Mpp | 7,6 A |
Características do inversor
| Marca e modelo | SMA Sunnyboy 1100 | Mastervolt Soladin 600 |
|---|---|---|
| ENTRADA CC | ||
| Potencia máxima de CC | 1.210 W | 600 W |
| Tensión máx. de CC | 400 V | 155 V |
| Corrente máx. de entrada | 10 A | 4 A |
| SAÍDA CA | ||
| Potencia nominal | 1.000 W | 525 W |
| Potencia máxima | 1.100 W | 725 W |
| Tensión CA de saída | 220/240 V – 50 Hz | 195/253 V – 50 Hz |
| Corrente máx. de saída | 5,6 A | 2,25 A |
| Conexión de CA | Monofásica | Monofásica |
| Rendemento | 91,6 % | 91,0 % |
Aplicación demostrativa
Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

- Caldeira de biomasa
-
A caldeira de biomasa está situada na sala de instalacións térmicas da vivenda bioclimática demostrativa, localizada no Parque Eólico Experimental Sotavento. O equipo utiliza pellets como biocombustible, que se cargan mediante transporte pneumático desde un silo con capacidade para 2.500 kg, situado no almacén da vivenda. A potencia térmica nominal do equipo é de 20 kW.

A achega de enerxía da caldeira ao sistema de calefacción e ACS realízase a través dun depósito de inercia estratificado de 800 litros. A este depósito, ademais da caldeira de biomasa, conéctase unha bomba de calor xeotérmica capaz de achegar enerxía en paralelo, actuando sobre a parte superior e inferior do acumulador, respectivamente. Desde este depósito impúlsase e retorna a auga quente destinada á calefacción por chan radiante. Ademais, incorpora un intercambiador interno tipo serpentín destinado á produción de ACS.
Parámetros monitorizados
Os parámetros almacenados e monitorizados para este equipo son:
- Temperatura do fluído na entrada e saída da caldeira
- Temperaturas do depósito de inercia en cinco niveis
- Caudal circulante
- Potencia instantánea transmitida
- Enerxía térmica transmitida
Características técnicas
Marca e modelo OKPFEN PELLEMATIC PE20 Potencia calorífica nominal 20 kW Largura total 1.130 mm Largura da caldeira 700 mm Altura da caldeira 1.090 mm Fondo da caldeira 814 mm Diámetro das conexións ida/retorno 1″ Diámetro da cheminea de fume 150 mm Peso 250 kg Conexión eléctrica 230 V 50 Hz Rendemento 92,6% Rendemento con carga parcial 91,1% Contido en auga 66 L Temperaturas dos gases de combustión 160 ºC Aplicación demostrativa
Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

- Bomba de calor xeotérmica
-
A bomba de calor xeotérmica, do mesmo xeito que a caldeira de biomasa, está situada na sala de instalacións térmicas da vivenda bioclimática localizada no Parque Eólico Experimental Sotavento. O equipo dispón do seu circuíto frigorífico, no lado do evaporador, conectado a un intercambiador xeotérmico horizontal. Basicamente, este intercambiador consiste en 500 m de tubaxe de polietileno de DN 32 mm, situada baixo material de recheo procedente da escavación da propia vivenda, a unha profundidade media de 2 m, e que permite a extracción de enerxía térmica do terreo para empregala en cubrir as demandas da vivenda. A bomba de calor dispón dunha potencia calorífica nominal de 8,2 kW e un COP de 4,7 (COP para unha temperatura media no evaporador de 0ºC e de 35ºC no condensador, excluíndo o consumo eléctrico das bombas circuladoras). A bomba de calor traballa baixo demanda sobre a parte inferior dun depósito de inercia estratificado de 800 litros.

Parámetros monitorizados
Os parámetros almacenados e monitorizados para este equipo son:
- Temperatura do fluído á entrada e saída da bomba de calor, circuíto xeotérmico
- Temperatura do fluído á entrada e saída da bomba de calor, circuíto secundario
- Temperaturas do depósito de inercia en cinco niveis
- Caudal circulante no circuíto secundario
- Potencia instantánea transmitida
- Enerxía térmica transmitida
- Temperatura do terreo no intercambiador xeotérmico en 32 puntos
- Temperatura de referencia do terreo non perturbado
Características técnicas
Marca e modelo OPTIHEAT 8es Potencia calorífica nominal1 8,2 kW COP1 4,7 Potencia eléctrica nominal absorbida 1,7 kW Caudal de auga no evaporador (ΔT=3ºC) 2,00 m3/h Caudal de auga no condensador (ΔT=10ºC) 0,71 m3/h Largura da bomba 1.260 mm Altura da bomba 700 mm Fondo da bomba 530 mm Tipo de refrixerante/carga 410A/2,1 kg Potencia eléctrica máx. absorbida 5,4 kW Potencia eléctrica máx. absorbida incluíndo bombas 5,9 kW Conexión eléctrica 400-3 V 50 Hz 1 Sen incluír o consumo eléctrico das bombas circuladoras, e para unha temperatura media do evaporador de 0ºC e de 35ºC no condensador.
Aplicación demostrativa
Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

Os datos destes circuítos monitorízanse de xeito independente coa finalidade de poder efectuar análises comparativas. A instalación está composta por un total de 22 módulos fotovoltaicos de silicio policristalino cunha potencia individual de 123 Wp (vatios pico), o que supón unha potencia total instalada de 2.706 Wp.
Os equipos distribúense do seguinte xeito segundo a orientación:Instalación Orientación Nº paneis Wp Inversor Leste 90º 6 738 Mastervolt Soladin 600 Sur 180º 10 1.230 Sunnyboy 1100 Oeste 270º 6 738 Mastervolt Soladin 600 Parámetros monitorizados
- Potencia instantánea de cada subsistema fotovoltaico (Leste, Sur e Oeste)
- Enerxía xerada acumulada por cada subsistema fotovoltaico (Leste, Sur e Oeste)
- Tensión, intensidade e potencia no lado de continua de cada subsistema
- Tensión, intensidade, potencia activa e reactiva no lado de alterna de cada subsistema
- Radiación e temperatura de cada subsistema
- Humidade e velocidade do vento
Características dos módulos
Marca e modelo Photowatt PW6-123 Potencia nominal 123 W Tensión en circuíto aberto 21,9 V Tensión Mpp 17,6 V Intensidade en curtocircuíto 7 A Intensidade Mpp 7,6 A Características do inversor
Marca e modelo SMA Sunnyboy 1100 Mastervolt Soladin 600 ENTRADA CC Potencia máxima de CC 1.210 W 600 W Tensión máx. de CC 400 V 155 V Corrente máx. de entrada 10 A 4 A SAÍDA CA Potencia nominal 1.000 W 525 W Potencia máxima 1.100 W 725 W Tensión CA de saída 220/240 V – 50 Hz 195/253 V – 50 Hz Corrente máx. de saída 5,6 A 2,25 A Conexión de CA Monofásica Monofásica Rendemento 91,6 % 91,0 % Aplicación demostrativa
Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

ACCESO E DESCARGA DE DATOS
Os parámetros das instalacións eólicas do Parque Eólico Sotavento son almacenados nunha base de datos e integrados nunha aplicación de descarga. Esta aplicación permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que Sotavento mantén convenios de colaboración o acceso aos datos necesarios para o desenvolvemento de proxectos.
Listaxe completa dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática
