Minieólica

No Parque Eólico Sotavento está instalado, ata o momento, un único aeroxerador de pequena potencia. Como o resto das instalacións, monitorízase e almacénase a información relativa aos principais parámetros.
A potencia nominal do aeroxerador é de 1,5 kW. A instalación, do mesmo xeito que a solar fotovoltaica, encádrase dentro das destinadas a cubrir as necesidades eléctricas na vivenda bioclimática.
Atópase situado ao nordeste da vivenda sobre unha torre autoportante de 8 m de altura. O aeroxerador é do tipo bipá e de orientación pasiva a barlovento.

Descrición técnica


O modelo do aeroxerador é INCLIN 1.500 de BORNAY, coas pás fabricadas en fibra de vidro e carbono. O xerador é do tipo síncrono, trifásico e de imáns permanentes de neodimio, sendo este o encargado de transformar a enerxía mecánica transmitida polas pás en enerxía eléctrica. A corrente alterna xerada é de frecuencia e tensión variables; por iso, na sala de instalacións rectifícase mediante un inversor a corrente continua, para a continuación volver transformarse en corrente alterna en condicións axeitadas de tensión e frecuencia para a súa inxección á rede.
Monitorízanse e almacénanse variables tanto eléctricas como meteorolóxicas, co fin de avaliar o comportamento deste miniaeroxerador:

Parámetros monitorizados


  • Velocidade do vento
  • Dirección do vento
  • Tensión, intensidade, potencia activa e reactiva no lado de alterna
  • Potencia instantánea
  • Enerxía xerada acumulada

Características do aeroxerador


Marca e modelo BORNAY Inclin 1500
Nº de pás 2
Diámetro 2,86 m
Material das pás Fibra de vidro / carbono
Tipo de xerador Trifásico de imáns permanentes
Imáns Neodimio
Pot. nominal 1.500 W
Tensión nominal 120 Vac
Vento para arranque 3,5 m/s
Vento para pot. nominal 12 m/s
Vento para freado automático 14 m/s
Peso 42 kg.

Características do inversor


Marca e modelo BORNAY Aurora 3600
ENTRADA CA
Potencia máxima de CA 3.600 W
Tensión CA 0-600 V
SAÍDA CA
Tensión CA de saída 230 V – 50 Hz
Corrente máx. de saída 16 A
Conexión de CA Monofásica
Rendemento 96,0 %

Aplicación demostrativa


Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

Minieólica (2)

ACCESO E DESCARGA DE DATOS

Os parámetros da instalación minieólica do Parque Eólico Sotavento almacénanse nunha base de datos e intégranse nunha aplicación de descarga de datos. Esta aplicación permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que Sotavento mantén convenios de colaboración acceder á información necesaria para o desenvolvemento de proxectos.

Listaxe completa dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática