Solar Térmica

A instalación solar térmica está emprazada na cuberta sur da vivenda bioclimática demostrativa situada no Parque Eólico Experimental Sotavento. Está formada por oito captadores solares térmicos de 2,5 m2 de superficie de absorbedor cada un, sumando unha superficie total de captación de 20 m2.

A instalación está orientada ao sur (180º) e integrada sobre o tellado da vivenda cunha inclinación de 19º. A conexión hidráulica entre os paneis realizouse en paralelo, distribuíndose en dúas baterías de catro. Os captadores achegan a enerxía solar que captan ao sistema de calefacción e ACS a través dun depósito interacumulador de 1.000 litros. Esta enerxía emprégase en producir ACS e como achega á calefacción. O sistema de emisores térmicos da vivenda é chan radiante, unha das características do mesmo é que opera a baixas temperaturas, no rango habitual de 35 ºC-45 ºC. Así, as instalacións con este tipo de emisores permiten que unha porcentaxe da demanda enerxética de calefacción se poida efectuar mediante unha instalación solar, sempre e cando as condicións ambientais exteriores e a demanda interna do edificio o permitan.

Parámetros monitorizados

  • Temperatura do fluído na entrada e saída da batería superior
  • Temperatura do fluído na entrada e saída da batería inferior
  • Temperatura do fluído na entrada e saída ao interacumulador solar
  • Temperatura do interacumulador solar en tres niveis
  • Humidade relativa
  • Irradiancia horizontal
  • Datos pluviométricos
  • Velocidade e dirección do vento

Características aeroxerador


Marca e Modelo BORNAY Inclin 1500
N.º pas 2
Diámetro 2,86 m
Material pas Fibra de vidro / carbono
Tipo Xerador Trifásico de imáns permanentes
Imáns Neodimio
Pot. Nominal 1.500 W
Voltaxe Nominal 120 Vac
Vento para arranque 3,5 m/s
Vento para Pot. Nominal 12 m/s
Vento para freado automático 14 m/s
Peso 42 kg

Aplicación demostrativa


Sotavento dispón dunha aplicación demostrativa, visual e interactiva, que permite ver os datos da instalación en tempo real e realizar múltiples cálculos e extrapolacións.

ACCESO E DESCARGA DE DATOS

Os parámetros da instalación minieólica do Parque Eólico Sotavento son almacenados nunha base de datos e integrados nunha aplicación de descarga de datos. Esta aplicación permite ás organizacións, empresas ou universidades coas que Sotavento mantén convenios de colaboración o acceso á información necesaria para o desenvolvemento de proxectos.

Listaxe completa dos parámetros almacenados nas instalacións do parque eólico e vivenda bioclimática