PUBLICACIÓNS DIVULGATIVAS

Instalacións renovables e/ou eficientes para o fogar

Esta guía pretende servir de referencia e orientación á hora de construír ou reformar unha vivenda no que a sistemas de produción enerxética se refire. Aquí detállanse as principais fontes que serven como alternativa para a substitución/redución dos combustibles fósiles nunha vivenda.

Memoria Vivenda Bioclimática Demostrativa

Este documento tratara de describir e xustificar o proxecto da vivenda bioclimática, nel trataremos de describir as súas orixes, obxetivos, peculiaridades, características e desenvolvemento.

Bicicleta eléctrica. Un modo eficiente de desprazarte pola cidade

A presente publicación amosa a realización e os resultados de tres experimentos realizados cunha bicicleta eléctrica. Co fin de obter datos e dar resposta ás multiples dúbidas que poden xurdir no referente a este tipo de vehículos.
Para a súa realización, empregouse un único modelo de bicicleta, usándose instrumentos de medición de precisión limitada. Non obstante, o estudo consegue dar resposta a cuestións sobre situación reais de uso, valorando o funcionamento e as particularidades deste tipo de vehículos e a súa idoneidade para determinados traxectos.

Muíños do Mundo

Esta publicación pretende mostrar, de forma divulgativa, as principais características e evolución do funcionamento das máquinas eólicas dende a antigüidade ata os nosos días, e tamén axudarnos a tomar conciencia da enorme capacidade humana para medrar tecnoloxicamente en períodos relativamente curtos de tempo.

Papaventos con historia

Este documento, intenta achegarnos ao apaixonante e descoñecido mundo dos papaventos así como axudarnos a comprender as bases científicas de distintos fenómenos relacionados co vento.

A enerxía ao redor de ti

Esta publicación intenta descubrir de xeito práctico, cales son os recursos enerxéticos dispoñibles no Planeta, como funcionan os distintos sistemas para o seu aproveitamento, que problemas se derivan da súa utilización e como podemos e debemos actuar para mitigar as súas consecuencias.

Enerxías renovables e tradición

Trátase dunha publicación onde se realiza unha visión retrospectiva e comparativa, entre as fontes de enerxía tradicionais e a realidade enerxética actual.

Ruta das pedras

Manual que facilita o percorrido por esta singular Ruta; elaborada polo Museo de Historia Natural e cuxas características a fan única en Galicia.

Guía do consumidor eficiente

Tríptico informativo cuxo obxectivo é concienciar ao visitante dun consumo enerxético responsable.

Plan Educativo – Divulgativo 10 anos

O presente documento tratará de resumir brevemente as características principais deste proxecto así como a súa traxectoria nos seus primeiros 10 anos de funcionamento.

PUBLICACIÓNS TÉCNICAS

10 anos de Sotavento. Informe de Experiencia

Sotavento presenta unha publicación denominada “10 años de Sotavento”, informe que reflexa a experiencia de explotación deste Parque Eólico Experimental durante a década 2001-2011. Nel poderás atopar datos referentes as características dos aeroxeradores, operación e xestión das principais infraestructuras, mantementos, Continxencias en aeroxeradores e torres anemométricas, seguimento ambiental, proxectos realizados, datos económicos, etc.

Tesis Doctoral: Estimación de Estado en Parques Eólicos

AUTORA: BLANCA NIEVES MIRANDA BLANCO
DIRECTOR: ELOY DÍAZ DORADO

2001. Manual didáctico de la energía eólica. Proyecto AEOLUS

El presente manual es fruto del trabajo de investigación realizado durante el “Proyecto Aeolus” y de la recopilación de documentación procedente de diversas fuentes, que ha sido adaptada a las necesidades de los alumnos de los Ciclos Técnicos Medios y Superiores. Esperamos que sea una herramienta útil, no sólo para la Formación Profesional reglada, sino para todos aquellos técnicos y empresas interesados en energía eólica.