Schaeffler Iberia e o Parque Eólico Sotavento firmaron un acordo de colaboración no ámbito da monitorización e o mantemento predictivo en aeroxeradores, que se materializa na instalación dun sistema de monitorización de vibracións, FAG WiPros para o análise da condición do tren de potencia dun dos aeroxeradores do Parque Eólico.
O dispositivo FAG WiPros é un sistema online de Condition Monitoring que permite a monitorización permanente dos aeroxeradores. Os resultados da medición poden transmitirse vía TCP / IP, módem estándar, radio ou vía satélite. Desta forma, consíguese a identificación prematura de danos e fallos, evitando as paradas non programadas e os correspondentes custes derivados das mesmas.

O intercambio de coñecemento entre Schaeffler e Sotavento basase nunha constante e fluida comunicación entre ambas corporacións. Por un lado os Enxeñeiros do Technology Center de Schaeffler Iberia formarán ao personal de Sotavento no ámbito do análise de vibracións para conseguir a correcta utilización do dispositivo, obtendo unha evaluación continua do estado do aeroxerador. Ao mesmo tempo, obterán as bases do mantemento predictivo e o acceso ao coñecemento en enxeñaría de rodamentos e detalles mecánicos sobre a aplicación do tren de potencia. Pola súa parte, os técnicos de Sotavento informarán sobre o comportamento dinámico do aeroxerador e os seus modos de fallo, o que permitirá a Schaeffler o desenvolvemento de novas estratexias predictivas no sector das enerxías renovables.

Superando as 930 persoas de media ao mes, o número de visitantes acumulados ascende aos 224.125 procedentes de diferentes puntos da xeografía galega, española e mesmo internacional.

O colectivo máis numeroso do primeiro semestre do 2014 foi o de estudantes de Educación Secundaria. Escolares de educación primaria, universidades, grupos técnico, familias, turistas, asociacións de todo tipo e público en xeral, completaron o total.

Sotavento Galicia, S.A., Sociedade con maioría de capital público, pon a disposición dos fabricantes de aeroxeradores a súa infraestrutura e autorizacións para a instalación de 6,34 MW experimentais.

A empresa conta con todas as autorizacións necesarias e o único condicionante será a súa instalación antes de setembro de 2014.

No caso de resultarlle de interese, poden poñerse en contacto: aeros@sotaventogalicia.com

Na sección correspondente desta páxina web poden obter información detallada das nosas instalacións.

Medio centenar de funcionarios e persoal de distintos Concellos da Provincia de Lugo visitaron hoxe as nosas instalacións como parte das celebracións da patroa dos funcionarios.

Os actos festivos, foron organizados este ano polo Concello de Xermade que decidiu visitar o noso Parque para dar a coñecer as nosas actividades entre os técnicos e persoal das administracións locais dos Concellos de Lugo.

Os Alcaldes de Barreiros e Xermade encabezaron a comitiva que coñeceu de primeira man Sotavento e os proxectos desta instalación recentemente recoñecida pola UNESCO como boa práctica a nivel mundial.

Paxinación de entradas