Sotavento participou co seu proxecto educativo na I Feira da Enerxía de Galicia celebrada do 14 ao 16 de abril no recinto Feiral Internacional de Galicia Abanca de Silleda.
Nun espazo dedicado 100% á difusión e sensibilización en materia de EERR e eficiencia enerxética, os visitantes puideron coñecer de primeira man as fontes de enerxía renovables, datos sobre o consumo eléctrico, consellos relacionados coa eficiencia enerxética e incluso comprobar as vantaxes da mobilidade sostible coa experiencia de conducir un coche ou bicicleta eléctrica. Entre outras moitas actividades cabe destacar os obradoiros dedicados aos máis pequenos, onde de maneira divertida aprenderon as múltiples vantaxes do vento coa elaboración de diferentes tipos de papaventos.

Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende abril de 2016.

Autor/a:

Fundación Sotavento Galicia.

Obxectivo:

Amosar os fundamentos das construcións bioclimáticas e os distintos fenómenos que nelas se producen tendentes a obter confort no interior, transmitindo que o devandito benestar se pode conseguir dun xeito sinxelo, aforrando enerxía e polo tanto sendo respectuosos co medio.

Breve Descrición:

A través de 4 paneis que compoñen esta exposición, o visitante poderá ver os puntos máis importantes da nosa Vivenda Bioclimática Demostrativa: funcionamento bioclimático, instalacións activas de acondicionamento térmico, instalacións de xeración eléctrica, etc.; así como as fases da súa construción e a distribución e áreas de visita.

O martes 2 de xuño celebrouse en Madrid a cerimonia de entrega da primeira edición dos Premios Think Blue organizados por Volkswagen.
Os premios, aos que concorreron 72 candidatos, contaban con tres candidaturas diferenciadas para recoñecer as mellores iniciativas en materia de investigación, innovación e traxectoria. A FundaciónSotavento Galicia, foi galardoada na categoría de mellor traxectoria, en recoñecemento a un camiño dedicado á promoción das enerxías renovables, da eficiencia enerxética e da mobilidade sostible.
Los premios, a los que concurrieron 72 candidatos, contaban con tres candidaturas diferenciadas para reconocer las mejores iniciativas en materia de investigación, innovación y trayectoria. La Fundación Sotavento Galicia, fue galardonada en la categoría de mejor trayectoria, en reconocimiento a un camino dedicado a la promoción de las energías renovables, de la eficiencia energética y de la movilidad sostenible.

Navegación de entradas