Por segundo ano consecutivo emitíronse os Premios Galicia de Enerxía, o fin é o recoñecemento das mellores actuacións no sector durante o ano 2014. Esta segunda edición está organizada pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
O premio á mellor actuación de sensibilización e difusión en materia enerxética foi concedido á Fundación Sotavento Galicia, pola súa labor de difusión emprendida dende o ano 2002.

Do 11 ao 15 de marzo celebrouse en Santiago de Compostela a I Xornada Técnica sobre o Vehículo Eléctrico na que participou Sotavento.
Baixo o título “A mobilidade sostible chega a Galicia: o vehículo eléctrico está aquí”, os poñentes trataron dende distintos puntos de vista (fabricante, compañía eléctrica e administración pública) cál é o futuro deste tipo de mobilidade e a súa implantación en Galicia.
Ademais, Sotavento realizou probas de condución nun vehículo eléctrico e estudáronse os resultados nunha aplicación informática deseñada especificamente para coñecer o consumo, emisións e datos comparativos cun vehículo convencional.

Sotavento recibiu o premio Think Blue de Volkswagen pola súa traxectoria de sensibilización e difusión das enerxías renovables, eficiencia enerxética e mobilidade sostible.

O 2 de xuño celebrouse en Madrid a cerimonia de entrega da primeira edición dos Premios Think Blue organizados por Volkswagen.

Os premios, aos que concorreron 72 candidatos, contaban con tres candidaturas diferenciadas e unha dotación económica de ata 5.000 euros para recoñecer as mellores iniciativas en materia de investigación, innovación e traxectoria.

Os irmáns Massaguer recibiron o Premio á Investigación por desenvolver “un xerador termoeléctrico modular de enerxía eléctrica para aplicacións de recuperación de calor residual en automoción”.

AEInnova, do Departamento de microeléctrica da Universidade Autónoma de Barcelona, resultou galardoado no Premio á Innovación polo proxecto “Waste Heat Recovery Unit”, un sistema capaz de converter a calor residual de superficies quentes en electricidade.

A Fundación Sotavento Galicia, foi galardoada na categoría de mellor traxectoria, en recoñecemento a un camiño dedicado á promoción das enerxías renovables, da eficiencia enerxética e da mobilidade sostible.

O acto foi presentado pola xornalista Mónica Carrillo e participaron autoridades como o viceconselleiro de medio e Ordenación de Territorio, Enrique Ruiz Escudero, a Directora de Volkswagen España, Laura Ros, e o Presidente de Volkswagen-Audi España, Francisco Pérez Botello.

Por parte de Sotavento recolleu o premio Ángel Bernardo Tahoces Presidente da entidade e Director Xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia que estivo acompañado do xerente José Núñez Baña e o responsable de comunicación e formación Manuel Díaz.

A Fundación resultou premiada nos “II Premios á Mellor Práctica en Mobilidade Sostible” convocados pola Fundación Renault para a Mobilidade Sostible e o Club de Excelencia en Sostibilidade. Os galardóns contan ademais co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

O principal obxectivo destes premios, entregados en Madrid pola Ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, é concienciar á sociedade civil da importancia das actividades de mobilidade sostible a día de hoxe. O traballo premiado foi elixido entre uns 50 candidatos e consistiu na realización dun proxecto centrado no estudo da mobilidade eléctrica.

A Fundación recibiu como premio a cesión durante un ano dun vehículo eléctrico Renault Twizy co que ampliaremos os estudos realizados ata agora.

A Fundación resultou premiada nos “II Premio á Mellor Práctica en Mobilidade Sostible” convocados pola Fundación Renault para a Mobilidade Sostible e o Club de Excelencia en Sotibilidade. Os galardóns contan ademais co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

????????????????????????????????????

Navegación de entradas