Sotavento recibiu o premio á mellor actuación de sensibilización en materia enerxética por parte do Ilustre Colexio de Enxeñeiros de Galicia

O 24 de abril celebrouse no auditorio de AFundaciónda Coruña unha nova edición de “A Noite dá Enerxía”, a cerimonia de entrega dos Premios Galicia de Enerxía 2014.

O acto estivo organizado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia coa colaboración do Colexio de Enxeñeiros Industriais e contou coa asistencia de máis de 250 profesionais do sector enerxético.

Nesta edición, a Fundación Sotavento Galicia resultou premiada na categoría de mellor actuación de sensibilización en materia enerxética, converténdose no primeiro recoñecemento a nivel galego que recibe Sotavento.

Ademais de Sotavento foron premiados noutras categorías a empresa CO2 Smart Tech, Fátima Fernández Piñeiro, Gas Natural,Ancín Clima e o Consorcio Zona Franca de Vigo.

Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende o 21 de marzo ata o 12 de maio de 2014.

Autor/a:

Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM).

Obxectivo:

Amosarnos os beneficios do aproveitamento da biomasa e cómo facer un uso sostible desta fonte de enerxía.

Breve Descrición:

A través de 9 paneis que compoñen esta exposición, o visitante poderá mergullarse na historia para ver cómo o ser humano se aproveitou sempre dos beneficios que nos ofrece a biomasa e cómo foi cambiando no uso da enerxía ao longo dos anos. Tamén nos amosa os diferentes tipos desta fonte enerxética e varios exemplos de usos forestais sostibles.

A iniciativa RENFORUS (Un Futuro de Enerxías Renovables para os sitios da UNESCO), posta en marcha pola UNESCO, decidiu distinguir a experiencia do Parque Eólico Experimental Sotavento como caso de “Boas Prácticas” e incluilo na súa publicación de casos de éxito como un dos 32 casos destacados a nivel mundial.

O principal obxetivo desta iniciativa, que involucra a un total de 117 países de todo o mundo, é promover a sostenibilidade enerxética das Reservas da Biosfera e Sitios do Patrimonio Mundial, consolidando estos lugares como auténticos modelos de excelencia no uso sostible e integrado das fontes renovables.

Unha boa práctica RENFORUS non é soamente unha práctica de enerxía sostible, senon que tamén ten que demostrar o seu bo funcionamento e o seus bos resultados, de maneira que poda ser recomendada como un modelo a seguir. No seu conxunto, para que un sitio UNESCO poda ser destacado como boas prácticas debe representar o seu compromiso para mellorar a eficiencia enerxética, reducir as emisións de gases e aumentar o uso de fontes de enerxía renovable no ámbito local.

Neste sentido, Sotavento constitue un caso de éxito de cómo a iniciativa pública e privada poden aunar os seus esfuerzos no campo das renovables, combinando a produción coa actividade educativa e a capacidade de crear unha oferta intelixente para os visitantes nunha reserva de biosfera.

Sotavento foi incluido na categoría de “RES – Education&Tourism”, xa que abre a posibilidade ao desenvolvemento de novas formas de turismo intelixente e responsable, onde o coñecemento das enerxías renovables convirtese nun atractivo e nun recurso.

Para a súa selección como exemplo de boas prácticas tuveronse en conta os seguintes criterios clave: Representatividade, sostenibilidade enerxética e ambiental, diversidade de alcance e resultados, eficacia e éxito, viabilidade económica e técnica, enfoque participativo, potencial de replicación e adaptación, relevancia para a sostenibilidade enerxética local, etc.

Paxinación de entradas