A Vivenda Bioclimática Demostrativa foi galardoada co Premio Solar Europeo 2011 na categoría de Educación e Formación.

Este premio, que foi recollido en Berlín ten como finalidade suscitar e fortalecer o interese público polas enerxías renovables.

Creado en 1994, o premio Eurosolar foi entregado este ano a un total de 12 proxectos e iniciativas exemplares no campo da utilización de enerxías renovables. Deste xeito, na gala de entrega de premios recoñeceuse o logro, a creatividade e a innovación de proxectos procedentes de Alemaña, Bulgaria, Italia, Austria, España, Dinamarca, Turquía e Suíza.

A Vivenda Bioclimática Demostrativa foi galardoada co Premio Solar Europeo 2011 na categoría de Educación e Formación.
O Premio Solar Europeo 2011, que ten como finalidade suscitar e fortalecer o interese público polas enerxías renovables, foi presentado en Berlín por EUROSOLAR en colaboración con KfW Bankengruppe. O Dr. Axel Nawrath, membro da directiva de KfW e o Prof. Peter Droege, presidente de EUROSOLAR, déronlle a benvida aos asistentes, xunto con Jo Leinen, membro do Parlamento Europeo, que tamén felicitou aos premiados.

Carácter:

Temporal.

Período de Exposición:

Dende novembro de 2011 ata setembro de 2012.

Autor/a:

Departamento de Divulgación de Sotavento.

Obxectivo:

Servir como mostra para comprender mellor o transcurso dunha pequena parte da historia da electricidade mediante unha breve viaxe a través dos descubridores dos conceptos básicos desta parte da física.

Breve Descrición:

Ademais de paneis e obxectos relacionados con cada un deles, un reprodutor de audio acompaña ao visitante durante toda a mostra, podendo escoitar unha breve recensión sobre a importancia de diferentes personaxes ao longo da historia da electricidade.

A Vivenda Bioclimática Demostrativa resultou galardoada pola “Asociación de Agencias Españolas de Gestión de la Energía (EnerAgen)” co premio a “Mellor actuación en materia de Aforro e Eficiencia Enerxética” na Terceira Edición dos Premios EnerAgen.

Os Premios EnerAgen son unha actividade encamiñada a fomentar a utilización das Enerxías Renovables, así como o uso racional da enerxía e a eficiencia enerxética en todo o territorio nacional.

A Vivenda Bioclimática Demostrativa nace do interese dos visitantes a Sotavento por ver exemplos máis cotiás de aplicación das enerxías renovables. Deste xeito, a Fundación Sotavento Galicia decidiu dar un paso máis na súa oferta divulgativa coa construción deste edificio que poderíamos definir como un Centro de Interpretación da Arquitectura Bioclimática e Sostible no sector da edificación residencial.

O obxectivo principal desta edificación é amosarlle aos visitantes as posibilidades reais de aforro que nos ofrece unha correcta construción dos edificios, demostrando que unha pequena inversión inicial a maiores pode supoñer un gran aforro futuro nas nosas facturas, contribuíndo ademais a un maior coidado do noso medio.

Navegación de entradas