Temporal.
Do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2011.
Nieves Díaz Fernández.
Achegar ao visitante dunha forma orixinal, diferente e amena ás matemáticas, así como mostrarnos as simetrías da natureza a través do ollo fotográfico.
A través de 63 láminas de 42 x 32 cm (unha de presentación, dúas de descricións e 60 fotografías), móstrannos as simetrías da natureza a través do ollo fotográfico. A mostra permítenos descubrir o que é capaz de ver o ollo guiado por unha mente instruída nas matemáticas. A autora, profesora desta “ciencia das ciencias”, móstranos dende a fotografía, como poden manifestarse as formas xeométricas no noso entorno. Achega así a natureza, arquitectura e obxectos cotiáns ao visitante dunha forma orixinal, diferente e amena.