ANTECEDENTES:
A grande expansión que tivo a enerxía eólica no noso país, situou a España nunha posición punteira a nivel mundial neste sector enerxético. Non obstante, a propia natureza intermitente do recurso eólico dificulta a predición da produción e polo tanto a súa maior integración no sistema eléctrico.
Por todo iso, era necesario desenvolver ferramentas avanzadas de predición, que mellorasen a xestión da enerxía eólica e a súa competitividade, facilitando as operacións de mantemento e favorecendo a súa integración a maior escala no contexto dun mercado eléctrico liberalizado. Nesta dirección veuse desenvolvendo unha intensa actividade investigadora.
OBXECTIVOS:
ANEMOS foi un proxecto Europeo de I+D promovido pola Comisión Europea ao abeiro do 5º Programa Marco. O obxectivo perseguido era efectuar unha análise detallada do estado da arte das técnicas de predición do potencial eólico, mediante a experimentación e estudo comparativo de diversas opcións, para o desenvolvemento de solucións óptimas que facilitasen a integración da produción eólica no sistema eléctrico no momento do desenvolvemento do proxecto.
Os modelos de predición avaliados foron os seguintes:
Modelo de predición | Organismo |
---|---|
Prediktor | Riso (Dinamarca) |
WPPT | IMM Universidade Técnica de Dinamarca (Dinamarca) |
Zephir, Combination of WPPT and Prediktor | Riso e IMM (Dinamarca) |
Prevento | Universidade de Oldenburg (Alemaña) |
AWPPS | Escola de Minas de París/ ARMINES (Francia) |
Local Pred | CENER (España) |
HIRPOM | Universidade de Cork (Irlanda) e Instituto Meteorolóxico Danés |
SIPREÓLICO | Universidade Carlos III (España) |
AWPT | ISET (Alemaña) |
METODOLOXÍA (FASES):
As distintas actividades que tiveron lugar ao longo do proxecto inclúense en dez fases:
- Estado da arte. Avaliación de necesidades. Adquisición de datos e análise
- Avaliación de técnicas de predición existentes
- Mellora e desenvolvemento de modelos estatísticos
- Desenvolvemento de modelos físicos
- Predición en parques off-shore
- Desenvolvemento da plataforma de predición ANEMOS
- Instalación para operacións on-line
- Avaliación de operacións on-line
- Diseminación de resultados
- Coordinación
ORGANISMOS COLABORADORES:
Participaron neste proxecto os principais organismos con experiencia en predición eólica, xunto a un selecto grupo de promotores e empresas eléctricas, cuxo obxectivo era aproveitar ao máximo os beneficios do emprego desta ferramenta de predición.
A coordinación do proxecto realizouna a Escola de Minas de París (ARMINES).
En España participaron o IDAE, CIEMAT, CENER, EHN, a Universidad Carlos III e REE.
O resto de participantes foron:
- EdF, ARIA Technologies, Meteo France e a Escola de Minas de París en Francia
- RISOE, DTU, ELSAM en Dinamarca
- Oldenburg Univ, EWE e Overspeed en Alemaña
- ESB en Irlanda
- NTUA, PPC – Crete en Grecia
- CLRC en Inglaterra
SITUACIÓN ACTUAL:
Finalizado e entregado o informe de conclusións en novembro de 2007.
INFORMES REALIZADOS:
Descrición | Idioma | Tamaño | Descargar |
---|---|---|---|
ANEMOS. Avaliación e estudo de predición na Unión Europea | Castelán | 3.750 Kb |