O principal obxectivo deste proxecto é a xeración eléctrica para autoconsumo sen almacenamento no Parque eólico Experimental Sotavento.
OBXECTIVO PRINCIPAL:
O principal obxectivo deste proxecto é a xeración eléctrica para autoconsumo sen almacenamento no Parque eólico Experimental Sotavento.
ANTECEDENTES:
Un dos principais motivos da utilización da enerxía solar para produción de enerxía eléctrica é, ademais da súa viabilidade económica, o reducido impacto ambiental que conleva, ao tratarse dunha fonte de enerxía inesgotable e autóctona.
O emprego da enerxía solar contribúe a un menor consumo de combustibles fósiles que favorecen o incremento do efecto invernadoiro e o quecemento do planeta. Polo tanto, coa utilización da enerxía solar redúcese o prezo da electricidade, a dependencia enerxética doutros países, evítase a emisión de máis de 37 Toneladas de CO2 anuais á atmosfera e contribúese á necesaria descarbonización do planeta.
OBXECTIVOS:
Os obxectivos principais deste proxecto de instalación fotovoltaica son:
- A produción de enerxía eléctrica para autoconsumo nos servizos auxiliares do edificio do Parque Eólico de Sotavento, mentres que o sobrante é vertido á rede de distribución.
- Sumar á xeración eólica xa existente unha planta fotovoltaica, apostando así pola hibridación eólica-fotovoltaica, é dicir, utilizar dúas ou máis fontes renovables compartindo un mesmo punto de conexión.
- Complementar os múltiples recursos técnicos e demostrativos xa existentes en Sotavento, dirixidos a conseguir os obxectivos que ten esta instalación no ámbito da educación enerxética.
A instalación desenvolveuse buscando a mellor integración posible co entorno e reducindo o impacto visual producido.
INSTALACIÓNS:
Características técnicas da instalación | |
Modo de conexión | Conexión en rede interior de baixa tensión a 400V |
Tensión da rede de distribución | 132kV |
Potencia nominal instalada en inversores | 100 KW |
Potencia pico total instalada | 112.27 kWp |
Potencia unitaria módulo | 545 Wp |
Nº de módulos | 206 |
Configuración dos módulos |
10 series de 17 módulos
2 series de 18 módulos |
Orientación e inclinación | 20º de inclinación y 0º de acimut respecto ao sur |
A produción anual prevista é de 134MWh, evitando a emisión de máis de 37.000 quilogramos de CO2 anuais e reducindo a dependencia enerxética doutros países.
AXUDA RECIBIDA:
Este proxecto recibiu axudas Europeas, concretamente da liña de axudas a proxectos de Economía Baixa en Carbono, en Instalacións de Xeración de Enerxía Eléctrica con Fontes de Enerxía Renovable, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e xestionada polo IDAE, co obxectivo de conseguir unha economía máis limpa e sostible.
SITUACIÓN ACTUAL:
O proxecto está en funcionamento dende finais de xuño de 2023.