Repontenciación eólica

O principal obxectivo deste proxecto é levar a cabo unha repotenciación parcial do Parque Eólico mediante a instalación de dous novos aeroxeradores de última xeración substituíndo deste xeito unidades antigas.

ANTECEDENTES


Nos últimos anos, aumentou o uso das fontes de enerxía renovables en xeral, entre as que podemos destacar a eólica. O emprego da enerxía eólica contribúe a un menor consumo de combustibles fósiles e da dependencia enerxética do exterior. Cada ano a súa utilización evita a emisión de 32M de toneladas de gases de efecto invernadoiro á atmosfera.

No seu momento, Sotavento foi pioneira pola instalación de 25 aeroxeradores de 10 modelos diferentes, converténdose así, nun parque eólico experimental referente. Despois de 23 anos, o crecemento eólico en termos de potencia, deseño e mellora da eficiencia dos aeroxeradores, deixou atrás os aeroxeradores instalados en Sotavento. Para corrixilo, a institución levará a cabo unha repotenciación parcial mediante a instalación de dúas novas máquinas de última xeración.

OBXECTIVOS


O principal obxectivo é substituír 6 aeroxeradores do parque eólico e instalar 2 de última xeración coa finalidade de:

  • Incrementar os recursos económicos destinados a manter a instalación operativa e a sufragar actuacións de interese xeral no ámbito enerxético.
  • Contribuír á mellora da formación de técnicos cualificados en modelos de turbinas de última xeración.
  • Ser de novo un escaparate tecnolóxico con máquinas de diferentes tecnoloxías, potencias e antigüidade, dúas décadas despois da súa inauguración.
  • Diminuír o número de aeroxeradores no parque e polo tanto reducir o seu impacto ambiental, mantendo e incluso mellorando a capacidade de produción eléctrica.

Por outro lado, esta iniciativa pretende servir como referente para outros parques eólicos que, aproveitando infraestruturas, viais, cableados, subestacións, etc, decidan substituír unidades antigas por outras de maior potencia e eficiencia diminuíndo o seu impacto e mellorando o seu rendemento.

INSTALACIÓNS


Características dos novos aeroxeradores que se instalarán
Potencia cada aeroxerador 4.200 kW
Altura buxe máxima 131,4 m
Diámetro rotor máximo: 137 m
Altura punta pala (ref. chan) 199,9 m
CT no interior da estrutura do aeroxerador
Clase emprazamento II o III-A

Desta maneira, no parque eólico pasa de ter unha potencia instalada de 17.660 kW a 22.620kW.

Sotavento realizou un importante esforzo para lograr unha integración ambiental exemplar tendo en conta o impacto ambiental asociado a este tipo de instalacións.

SITUACIÓN ACTUAL


O proxecto contará cun orzamento de 7,5 millóns de euros incluíndo o plan de desmantelamento e recuperación unha vez finalizada a súa vida útil.