PRESENTACIÓN

Fundación de interés gallego

No ano 2005, ve a luz a Fundación Sotavento Galicia como fundación de interese galego, sendo o patrón único Sotavento Galicia, S.A. A súa creación responde á necesidade de distinguir as actividades comerciais das actuacións non produtivas. Deste modo, os seus fins fundacionais son promover, sensibilizar, difundir e fomentar:

  • Actividades de Divulgación e Educación Enerxética centradas nas enerxías renovables, o aforro, a eficiencia enerxética e a súa interrelación coa problemática ambiental.
  • Proxectos de I+D+i e outras actuacións de investigación-experimentación relacionadas coa enerxía eólica e con outras enerxías renovables.
  • Actividades de Formación no ámbito das enerxías renovables e a eficiencia enerxética co fin de lograr unha mellora na súa implantación e innovación.

A Fundación desenvolve as súas actividades nas instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento. Estas actividades céntranse en tres áreas:

  • Área educativa-divulgativa
  • Área de I+D+i
  • Área de formación

Perfil do Contratante

Dende o perfil do contratante poderá obter a información necesaria sobre os procedementos de contratación de FUNDACIÓN SOTAVENTO GALICIA

Datos da Empresa

Nome: Fundación Sotavento Galicia
Enderezo: Parque Eólico Experimental Sotavento – Momán, Xermade (Lugo), 27826
CIF: G27323864
Teléfono: 981563777
Correo electrónico: josen@sotaventogalicia.com
Web: http://www.sotaventogalicia.com

As instrucións de contratación pódense atopar na seguinte ligazón.
Descargar PDF instrucións de contratación.

No momento actual non existe ningún procedemento aberto para Fundación Sotavento Galicia.

No momento actual non existe ningún procedemento adxudicado para Fundación Sotavento Galicia.

Patrocinadores