A Xunta de Galicia apostou dun xeito decisivo polas enerxías renovables, e en especial pola eólica, desenvolvendo o Plan Eólico de Galicia.

Dentro deste marco, a Consellería de Economía e Industria promoveu e desenvolveu a idea de non cinguir o Plan Eólico de Galicia, en exclusiva, ao ámbito comercial, co obxectivo de crear un parque eólico que fose rendible economicamente e que perseguise ademais obxectivos novidosos no ámbito divulgativo, formativo e da investigación.

Deste proxecto xorde en 1997 SOTAVENTO GALICIA S.A., Sociedade que pon en funcionamento no ano 2001 o Parque Eólico Experimental Sotavento.

Nesta Sociedade promovida pola Xunta de Galicia e presidida polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) participan dúas entidades públicas que forman o 51% do capital social: Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE); e tres empresas privadas en representación do sector eléctrico de Galicia: Enel Green Power España, S.L., Iberdrola, S.A. e Enerxía de Galicia, S.A.(ENGASA).

O obxectivo de SOTAVENTO, de acordo co seu fin fundacional, é perseguir ademais da explotación comercial catro obxectivos que dificilmente serían planteables só con iniciativa privada:

  • Ser un parque "escaparate" das diferentes tecnoloxías eólicas
  • Ser unha instalación ao servizo do sector das enerxías renovables, do aforro e a eficiencia enerxética, na cal se poidan desenvolver proxectos e actuacións de I+D+i+d
  • Ser un un centro para a formación e debate de temas enerxéticos
  • Converterse nun centro de divulgación e promoción das enerxías renovables, do aforro e a eficiencia enerxética

Parque "escaparate"

Parque ``escaparate``, no sentido de que nun só parque se encontran diferentes tecnoloxías de aeroxeradores representativas do sector eólico galego no momento da súa execución.

Este parque eólico consta de 24 aeroxeradores de 5 tecnoloxías diferentes e un total de 9 modelos de máquinas distintas.

Marco para actividades de investigación e desenvolvemento

Como Parque Eólico Experimental no cal están presentes diferentes tecnoloxías eólicas, e outras infraestruturas tales como unha vivenda bioclimática demostrativa e varias instalacións demostrativas, convérteno nun sitio ideal para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i+d.

O Parque Eólico Experimental Sotavento dotouse ademais dos medios técnicos e instalacións que permiten realizar este tipo de actuacións.

24

Aeroxeradores

5

Tecnoloxías presentes

9

Modelos diferentes

+ 17 MW

Potencia nominal do parque

+ 33 GWh

Xeneración anual media

9 Km

Líña de evacuación

no eixo Leste-Oeste

Ventos predominantes

+ 6 m/s

Velocidade media de vento da localización