Temporal.
Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2007.
Área divulgativa da Fundación Sotavento Galicia e Caixa Nova.
Destacar un período histórico onde a humanidade empregou estes aparatos voadores para distintos fins relacionados coa publicidade, a fotografía aérea, a guerra, experimentos científicos e a ansia de voar.
Composta por 12 reproducións dos papaventos máis significativos dende o punto de vista do uso para o que foron concibidos. Destacan os papaventos empregados para fins publicitarios, antiaéreos, de salvamento marítimo, de sinais, meteorolóxicos, etc. Cada reprodución vai acompañada dun panel explicativo que inclúe o inventor, usos, características, data e lugar de invención do papaventos e outras curiosidades. Unha publicación completa a mostra situada no miradoiro da Aula Divulgativa.